Saídas fotográficas en Arteixo
On 17, Mar 2016 | No Comments | In Sen categorizar | By Árticos
Obradoiro sobre fotografía realizado en exteriores. Coas saídas fotográficas poderás camiñar un pouco en Arteixo e practicar fotografía en diferentes espazos co apoio de Gutier e Antón, que che axudarán a mellorar as túas fotografías.
Aprende a facer fotos… facendo fotos
Datas e localizacións:
- Sábado 2 de abril pola tarde (17 a 20 horas). Punto de encontro: 17:00 h na Praza do Balneario Ver punto de encontro nun mapa. Camiñaremos polo paseo fluvial cara Loureda.
- Venres 8 de abril pola tarde (17 a 20 horas). Punto de encontro: 17:00 no aparcadoiro da Praia de Sabón Ver punto nun mapa. Camiñaremos polo paseo marítimo cara Valvovo.
- Domingo 17 de abril pola mañá (11 a 14 horas). Punto de encontro: 11:00 h na Ponte de Barrañán Ver punto nun mapa. Camiñaremos cara a Fraga de Sisalde
IMPORTANTE: Prégase puntualidade para o correcto desenvolvemento da actividade
- Duración: Aproximadamente 3 horas cada xornada
- Número de participantes: Máximo 15 por xornada
- Requisitos dos participantes:
- Non son necesario coñecemento específicos de fotografía. A idea é que cada un ao seu ritmo poida practicar e resolver dúbidas para mellorar
- Maiores de idade ou acompañados de adultos (actividade en familia)
- Levar roupa e calzado cómoda para camiñar
- Levar cámara fotográfica (calquera tipo)
- Custo: Gratuito
Inscrición obrigatoria para participar na actividade. Deberá realizarse unha inscrición por cada unha das xornadas nas que se queira participar. A inscrición pecha un día antes do día da actividade
Submit a Comment