Presentación Laboratorio Aberto e obradoiro “montando escornabots”
On 09, Feb 2018 | No Comments | In Sen categorizar | By Árticos
Comezamos a andaina do “Laboratorio Aberto” de Árticos, un novo espazo maker e creativo en Arteixo onde xuntarse regularmente para prototipar, facer e aprender de xeito colaborativo e aberto sobre hardware, software ou creación dixital e audiovisual.
No “Laboratorio Aberto” poden participar todas aquelas persoas con interese no eido, independentemente do seu nivel de coñecementos ou idade. De feito, buscamos potenciar tamén a participación de familias, con actividades pensadas para compartir as nais e pais xunto aos seus fillos e fillas.
Tanto o programa de actividades como os horarios irémolas definindo entre as persoas que se asocien a este novo espazo, para o cal celebraremos unha primeira xornada de portas abertas. Será o vindeiro sábado 24 de febreiro de 10h a 14h.
————————–
Durante esa mesma mañá, para quen desexe poñerse xa mans á obra, celebraremos un OBRADOIRO gratuíto de montaxe de escornabots, uns robots con arduino que podemos programar para que se movan seguindo as nosas ordes. E se vos animades, tamén faremos algunha soldadura!
As prazas no obradoiro son limitadas e require inscribirse en https://www.eventbrite.es/
O obradoiro está recomendado para adultos e tamén para cativos (acompañados) a partir de 6 anos.
Submit a Comment