Image Image Image Image Image
Scroll to Top

To Top

Actividades

01

Mar
2018

No Comments

In Actividades
Talleres

By Árticos

Laboratorio Aberto – Segunda Xornada de Escornabots

On 01, Mar 2018 | No Comments | In Actividades, Talleres | By Árticos

Tras construír os escornabots o anterior sábado, invitámosvos agora a continuar coa festa.

Para os que non puidestes vir á primeira xornada, construiremos un escornabot dende o principio (ademais de xa ter os trucos aprendidos para solventar os problemiñas que xurden sempre o primeiro día).

Para os que xa o construístes no anterior obradoiro, podédelo traer ou retomar como o deixastes aquí. Remataremos a botoeira e faremos que todos funcionen!

Ademais, veremos algunhas posibles actividades para facer cos escornabots funcionando.

Lembrade traer un portátil e ganas de pasalo ben. Vémonos o 17 para divertirnos cos robots!

* As prazas no obradoiro de escornabots son limitadas, pero tamén podes acudir simplemente a coñecer o espazo. É preciso inscribirse en https://www.eventbrite.es/e/entradas-laboratorio-aberto-segunda-xornada-de-escornabots-43877015334
* O obradoiro está recomendado para adultos e tamén para cativos (acompañados) a partir de 6 anos.

————–

O “Laboratorio Aberto” de Árticos é un novo espazo maker e creativo en Arteixo onde xuntarse regularmente para prototipar, facer e aprender de xeito colaborativo e aberto sobre hardware, software ou creación dixital e audiovisual.

No “Laboratorio Aberto” poden participar todas aquelas persoas con interese no eido, independentemente do seu nivel de coñecementos ou idade. De feito, buscamos potenciar tamén a participación de familias, con actividades pensadas para compartir as nais e pais xunto aos seus fillos e fillas.

Durante febreiro e marzo estamos a celebrar varias xornadas de portas abertas, como esta do vindeiro sábado 17 de marzo.

Submit a Comment