Iniciación á robótica con Hardware Libre
On 14, Mai 2014 | No Comments | In Sen categorizar | By Árticos
Neste curso de iniciación á robótica tentaremos introducir aos participantes na construción e programación de proxectos de robótica con hardware libre baseados na plataforma Arduino.
Faremos grupos para montar un robot ou para trastear cos distintos tipos de compoñentes electrónicos dispoñibles para a plataforma e introducirémonos no IDE de programación de Arduino. Tentaremos implementar diversos xogos baseados na interación entre o mundo lóxico e o físico, así como realizar un robot que sexa quen de seguir unha liña ou de dar a volta frente a un obstáculo.
Cando e onde?
O curso serán 8 horas intensivas o vindeiro Sábado 24 de Maio, divido en dúas sesións de mañá e tarde con parada para xantar e poñer en común o que aprendimos.
Realizarase no local de Árticos na Avda. de Fisterra, 237, 1º Esquerda, en Arteixo.
Inscricións e prezo?
As inscricións as podedes facer dende http://curso-arduino.eventbrite.es onde vos podedes apuntar se tedes 12 anos ou máis. Tras a inscrición a través desta plataforma de eventbrite e uns días antes da realización do curso, deberá formalizarse o pago dunha cota de 4 € no concello para confirmar a praza. As instrucións de como realizalo se enviarán por correo aos inscritos.
O número máximo de prazas é de 16, se concederán por orde de inscrición. Se alguén finalmente desiste, haberá unha lista de espera.
Este curso conta coa colaboración do Concello de Arteixo, a través do Plan de Expansión do Coñecemento Asociativo.
Submit a Comment