Hackathiño de datos abertos
On 20, Out 2016 | No Comments | In Sen categorizar | By Árticos
Se sodes desarrolladores vos interesará saber que en Articos coorganizamos o Hackathiño de datos abertos, xunto con GPUL e GDG Coruña e enmarcado dentro do programa Coruña dixital.
Sucederá esta mesma fin de semana durante dous días, sábado e domingo. Tedes todos os datos en https://hackathino.gpul.org/
Lembrade que, aínda que o evento é de balde, é preciso inscribirse para poder asistir.
Tamén, con acceso libre e sen necesidade de inscribirse, teremos dúas charlas introdutorias sobre os datos abertos o Sábado 22 pola mañá, por se queredes iniciarvos:
10:00 Benvida e presentación Pablo Castro, GPUL
10:30 Charla de Juan Romero Raposo (Openkratio, colectivo especializado en Datos Abertos)
11:00 Charla de Lluis Eskerda (CityBikes)
12:00 Fin das charlas
Esperamos vervos por alí.
Submit a Comment