Image Image Image Image Image
Scroll to Top

To Top

Talleres

22

Mai
2018

No Comments

In Actividades
Talleres

By Árticos

Actividades maio-xuño no Laboratorio Aberto

On 22, Mai 2018 | No Comments | In Actividades, Talleres | By Árticos

O “Laboratorio Aberto” de Árticos é un novo espazo maker e creativo en Arteixo onde xuntarse regularmente para prototipar, facer e aprender de xeito colaborativo e aberto sobre hardware, software ou creación dixital e audiovisual.

No “Laboratorio Aberto” poden participar todas aquelas persoas con interese no eido, independentemente do seu nivel de coñecementos ou idade. De feito, buscamos potenciar tamén a participación de familias, con actividades pensadas para compartir as nais e pais xunto aos seus fillos e fillas.

Todos os obradoiros están recomendados para adultos e tamén para cativos (acompañados) a partir de 6 anos.

 

# Programa actividades maio-xuño

> Hacking Xoves

31 maio, 07 xuño, 21 xuño (17h30 a 19h30)
[ + información | inscricións ]

Unha cita para traballar por retos e proxectos nun espazo aberto para hackear libremente, crear e facer e aplicar o que aprendamos nos nosos obradoiros de fin de semana.

 

> Obradoiros de fin de semana

Domingo 27 maio (10h30-13h) – Introdución á impresión 3D
[ + información | inscricións ]
Sábado 16 xuño (10h30-13h) – Comando foto. Introdución divertida á fotografía
[ + información | inscricións ]
Sábado 30 xuño (10h30-13h) – Experimentando a electrónica con plastilina
[ + información | inscricións ]

 

# Información das inscricións

PARTICIPA en TODAS as actividades de MAIO e XUÑO que queiras:
– 1 persoa adulta (e ata 2 menores acompañantes gratis): 20 €
– 1 menor que asista só (de máis de 14 anos con autorización): 20 €
– 2 persoas adultas (e ata 2 menores acompañantes gratis): 30 €

Tamén podes ASISTIR A CALQUERA das actividades de xeito INDEPENDENTE:
–  1 persoa adulta (e ata 2 menores acompañantes gratis): 10 €
–  1 menor que asista só (de máis de 14 anos con autorización): 10 €
– 2 persoas adultas (e ata 2 menores acompañantes gratis): 15 €

01

Mar
2018

No Comments

In Actividades
Talleres

By Árticos

Laboratorio Aberto – Segunda Xornada de Escornabots

On 01, Mar 2018 | No Comments | In Actividades, Talleres | By Árticos

Tras construír os escornabots o anterior sábado, invitámosvos agora a continuar coa festa.

Para os que non puidestes vir á primeira xornada, construiremos un escornabot dende o principio (ademais de xa ter os trucos aprendidos para solventar os problemiñas que xurden sempre o primeiro día).

Para os que xa o construístes no anterior obradoiro, podédelo traer ou retomar como o deixastes aquí. Remataremos a botoeira e faremos que todos funcionen!

Ademais, veremos algunhas posibles actividades para facer cos escornabots funcionando.

Lembrade traer un portátil e ganas de pasalo ben. Vémonos o 17 para divertirnos cos robots!

* As prazas no obradoiro de escornabots son limitadas, pero tamén podes acudir simplemente a coñecer o espazo. É preciso inscribirse en https://www.eventbrite.es/e/entradas-laboratorio-aberto-segunda-xornada-de-escornabots-43877015334
* O obradoiro está recomendado para adultos e tamén para cativos (acompañados) a partir de 6 anos.

————–

O “Laboratorio Aberto” de Árticos é un novo espazo maker e creativo en Arteixo onde xuntarse regularmente para prototipar, facer e aprender de xeito colaborativo e aberto sobre hardware, software ou creación dixital e audiovisual.

No “Laboratorio Aberto” poden participar todas aquelas persoas con interese no eido, independentemente do seu nivel de coñecementos ou idade. De feito, buscamos potenciar tamén a participación de familias, con actividades pensadas para compartir as nais e pais xunto aos seus fillos e fillas.

Durante febreiro e marzo estamos a celebrar varias xornadas de portas abertas, como esta do vindeiro sábado 17 de marzo.

03

Abr
2017

No Comments

In Actividades
Talleres

By Árticos

Orientándose á produtividade e consecución de resultados

On 03, Abr 2017 | No Comments | In Actividades, Talleres | By Árticos

Dende Árticos colaboramos con Andreina Aular, de SMI & LMI Spain para organizar este obradoiro dirixido a profesionais, autónomos e xerentes.

Con este obradoiro práctico, trataremos de comprender os conceptos básicos da produtividade persoal, axudando a establecer o noso plan de acción concreto e persoal para desenrolar o noso potencial e identificar o que nos impide progresar.

A profesional que levará a cabo este obradoiro é Andreina Aular, de SMI & LMI Spain, especializada no desenvolvemento de persoas, líderes e organizacións ao seu máximo potencial.
http://smi-lmi-spain.com/