Image Image Image Image Image
Scroll to Top

To Top

Actividades

22

Mai
2018

No Comments

In Actividades
Talleres

By Árticos

Actividades maio-xuño no Laboratorio Aberto

On 22, Mai 2018 | No Comments | In Actividades, Talleres | By Árticos

O “Laboratorio Aberto” de Árticos é un novo espazo maker e creativo en Arteixo onde xuntarse regularmente para prototipar, facer e aprender de xeito colaborativo e aberto sobre hardware, software ou creación dixital e audiovisual.

No “Laboratorio Aberto” poden participar todas aquelas persoas con interese no eido, independentemente do seu nivel de coñecementos ou idade. De feito, buscamos potenciar tamén a participación de familias, con actividades pensadas para compartir as nais e pais xunto aos seus fillos e fillas.

Todos os obradoiros están recomendados para adultos e tamén para cativos (acompañados) a partir de 6 anos.

 

# Programa actividades maio-xuño

> Hacking Xoves

31 maio, 07 xuño, 21 xuño (17h30 a 19h30)
[ + información | inscricións ]

Unha cita para traballar por retos e proxectos nun espazo aberto para hackear libremente, crear e facer e aplicar o que aprendamos nos nosos obradoiros de fin de semana.

 

> Obradoiros de fin de semana

Domingo 27 maio (10h30-13h) – Introdución á impresión 3D
[ + información | inscricións ]
Sábado 09 xuño (10h30-13h) – Experimentando a electrónica con plastilina
[ + información | inscricións ]
Sábado 16 xuño (10h30-13h) – Comando foto. Introdución divertida á fotografía
[ + información | inscricións ]

 

# Información das inscricións

PARTICIPA en TODAS as actividades de MAIO e XUÑO que queiras:
– 1 persoa adulta (e ata 2 menores acompañantes gratis): 20 €
– 1 menor que asista só (de máis de 14 anos con autorización): 20 €
– 2 persoas adultas (e ata 2 menores acompañantes gratis): 30 €

Tamén podes ASISTIR A CALQUERA das actividades de xeito INDEPENDENTE:
–  1 persoa adulta (e ata 2 menores acompañantes gratis): 10 €
–  1 menor que asista só (de máis de 14 anos con autorización): 10 €
– 2 persoas adultas (e ata 2 menores acompañantes gratis): 15 €

01

Mar
2018

No Comments

In Actividades
Talleres

By Árticos

Laboratorio Aberto – Segunda Xornada de Escornabots

On 01, Mar 2018 | No Comments | In Actividades, Talleres | By Árticos

Tras construír os escornabots o anterior sábado, invitámosvos agora a continuar coa festa.

Para os que non puidestes vir á primeira xornada, construiremos un escornabot dende o principio (ademais de xa ter os trucos aprendidos para solventar os problemiñas que xurden sempre o primeiro día).

Para os que xa o construístes no anterior obradoiro, podédelo traer ou retomar como o deixastes aquí. Remataremos a botoeira e faremos que todos funcionen!

Ademais, veremos algunhas posibles actividades para facer cos escornabots funcionando.

Lembrade traer un portátil e ganas de pasalo ben. Vémonos o 17 para divertirnos cos robots!

* As prazas no obradoiro de escornabots son limitadas, pero tamén podes acudir simplemente a coñecer o espazo. É preciso inscribirse en https://www.eventbrite.es/e/entradas-laboratorio-aberto-segunda-xornada-de-escornabots-43877015334
* O obradoiro está recomendado para adultos e tamén para cativos (acompañados) a partir de 6 anos.

————–

O “Laboratorio Aberto” de Árticos é un novo espazo maker e creativo en Arteixo onde xuntarse regularmente para prototipar, facer e aprender de xeito colaborativo e aberto sobre hardware, software ou creación dixital e audiovisual.

No “Laboratorio Aberto” poden participar todas aquelas persoas con interese no eido, independentemente do seu nivel de coñecementos ou idade. De feito, buscamos potenciar tamén a participación de familias, con actividades pensadas para compartir as nais e pais xunto aos seus fillos e fillas.

Durante febreiro e marzo estamos a celebrar varias xornadas de portas abertas, como esta do vindeiro sábado 17 de marzo.

09

Feb
2018

No Comments

In Actividades

By Árticos

Presentación Laboratorio Aberto e obradoiro “montando escornabots”

On 09, Feb 2018 | No Comments | In Actividades | By Árticos

Comezamos a andaina do “Laboratorio Aberto” de Árticos, un novo espazo maker e creativo en Arteixo onde xuntarse regularmente para prototipar, facer e aprender de xeito colaborativo e aberto sobre hardware, software ou creación dixital e audiovisual.

No “Laboratorio Aberto” poden participar todas aquelas persoas con interese no eido, independentemente do seu nivel de coñecementos ou idade. De feito, buscamos potenciar tamén a participación de familias, con actividades pensadas para compartir as nais e pais xunto aos seus fillos e fillas.

Tanto o programa de actividades como os horarios irémolas definindo entre as persoas que se asocien a este novo espazo, para o cal celebraremos unha primeira xornada de portas abertas. Será o vindeiro sábado 24 de febreiro de 10h a 14h.

————————–—————–

Durante esa mesma mañá, para quen desexe poñerse xa mans á obra, celebraremos un OBRADOIRO gratuíto de montaxe de escornabots, uns robots con arduino que podemos programar para que se movan seguindo as nosas ordes. E se vos animades, tamén faremos algunha soldadura!

As prazas no obradoiro son limitadas e require inscribirse en https://www.eventbrite.es/e/entradas-presentacion-do-laboratorio-aberto-obradoiro-montando-escornabots-42960090788?utm_term=eventurl_text

O obradoiro está recomendado para adultos e tamén para cativos (acompañados) a partir de 6 anos.

Tags | , , ,

03

Abr
2017

No Comments

In Actividades
Talleres

By Árticos

Orientándose á produtividade e consecución de resultados

On 03, Abr 2017 | No Comments | In Actividades, Talleres | By Árticos

Dende Árticos colaboramos con Andreina Aular, de SMI & LMI Spain para organizar este obradoiro dirixido a profesionais, autónomos e xerentes.

Con este obradoiro práctico, trataremos de comprender os conceptos básicos da produtividade persoal, axudando a establecer o noso plan de acción concreto e persoal para desenrolar o noso potencial e identificar o que nos impide progresar.

A profesional que levará a cabo este obradoiro é Andreina Aular, de SMI & LMI Spain, especializada no desenvolvemento de persoas, líderes e organizacións ao seu máximo potencial.
http://smi-lmi-spain.com/

20

Out
2016

No Comments

In Actividades

By Árticos

Hackathiño de datos abertos

On 20, Out 2016 | No Comments | In Actividades | By Árticos

Se sodes desarrolladores vos interesará saber que en Articos coorganizamos o Hackathiño de datos abertos, xunto con GPUL e GDG Coruña e enmarcado dentro do programa Coruña dixital.
Sucederá esta mesma fin de semana durante dous días, sábado e domingo. Tedes todos os datos en https://hackathino.gpul.org/

Lembrade que, aínda que o evento é de balde, é preciso inscribirse para poder asistir.

Tamén, con acceso libre e sen necesidade de inscribirse, teremos dúas charlas introdutorias sobre os datos abertos o Sábado 22 pola mañá, por se queredes iniciarvos:

10:00 Benvida e presentación Pablo Castro, GPUL
10:30 Charla de Juan Romero Raposo (Openkratio, colectivo especializado en Datos Abertos)
11:00 Charla de Lluis Eskerda (CityBikes)
12:00 Fin das charlas

Esperamos vervos por alí.

17

Mar
2016

No Comments

In Actividades

By Árticos

Saídas fotográficas en Arteixo

On 17, Mar 2016 | No Comments | In Actividades | By Árticos

Obradoiro sobre fotografía realizado en exteriores. Coas saídas fotográficas poderás camiñar un pouco en Arteixo e practicar fotografía en diferentes espazos co apoio de Gutier e Antón, que che axudarán a mellorar as túas fotografías.

Aprende a facer fotos… facendo fotos
Read more…

22

Xan
2015

No Comments

In Actividades

By Árticos

Coworking days 2015

On 22, Xan 2015 | No Comments | In Actividades | By Árticos

A vindeira semana celebramos un evento que sucede a nivel nacional chamado COWORKING DAYS.

Durante esta semana poderás vir de balde e sen compromiso a Árticos a probar o coworking colaborativo. Se estás relacionados coa tecnoloxía , contidos dixitais ou a creatividade seguro que atopas xente afín na nosa asociación. Read more…

04

Nov
2014

No Comments

In Actividades

By Árticos

Global Day of Coderetreat – A Coruña, Spain

On 04, Nov 2014 | No Comments | In Actividades | By Árticos

El próximo 15 de Noviembre, celebramos en Árticos uno de los eventos del Global Day of Coderetreat, en este caso el relacionado con el área de A Coruña. Un evento para desarrolladores y la mejora en nuestra habilidad para hacer buen código que se celebra ese día a nivel mundial.

Read more…

14

Mai
2014

No Comments

In Actividades

By Árticos

Iniciación á robótica con Hardware Libre

On 14, Mai 2014 | No Comments | In Actividades | By Árticos

Neste curso de iniciación á robótica tentaremos introducir aos participantes na construción e programación de proxectos de robótica con hardware libre baseados na plataforma Arduino.

Read more…

06

Feb
2014

No Comments

In Actividades

By Árticos

Taller de iniciación a la robótica con Arduíno

On 06, Feb 2014 | No Comments | In Actividades | By Árticos

Taller de robótica con hardware libre organizado conjuntamente entre Árticos y la comunidad Bricolabs, dirigido a jóvenes hasta 199 años. duración aprox. 4 horas. Gratuíto con inscripción previa
Read more…

Tags | , , , ,