Actividades maio-xuño no Laboratorio Aberto
On 22, Mai 2018 | No Comments | In Sen categorizar | By Árticos
O “Laboratorio Aberto” de Árticos é un novo espazo maker e creativo en Arteixo onde xuntarse regularmente para prototipar, facer e aprender de xeito colaborativo e aberto sobre hardware, software ou creación dixital e audiovisual.
No “Laboratorio Aberto” poden participar todas aquelas persoas con interese no eido, independentemente do seu nivel de coñecementos ou idade. De feito, buscamos potenciar tamén a participación de familias, con actividades pensadas para compartir as nais e pais xunto aos seus fillos e fillas.
Todos os obradoiros están recomendados para adultos e tamén para cativos (acompañados) a partir de 6 anos.
# Programa actividades maio-xuño
> Hacking Xoves
31 maio, 07 xuño, 21 xuño (17h30 a 19h30)
[ + información | inscricións ]
Unha cita para traballar por retos e proxectos nun espazo aberto para hackear libremente, crear e facer e aplicar o que aprendamos nos nosos obradoiros de fin de semana.
> Obradoiros de fin de semana
Domingo 27 maio (10h30-13h) – Introdución á impresión 3D
[ + información | inscricións ]
Sábado 16 xuño (10h30-13h) – Comando foto. Introdución divertida á fotografía
[ + información | inscricións ]
Sábado 30 xuño (10h30-13h) – Experimentando a electrónica con plastilina
[ + información | inscricións ]
# Información das inscricións
PARTICIPA en TODAS as actividades de MAIO e XUÑO que queiras:
– 1 persoa adulta (e ata 2 menores acompañantes gratis): 20 €
– 1 menor que asista só (de máis de 14 anos con autorización): 20 €
– 2 persoas adultas (e ata 2 menores acompañantes gratis): 30 €
Tamén podes ASISTIR A CALQUERA das actividades de xeito INDEPENDENTE:
– 1 persoa adulta (e ata 2 menores acompañantes gratis): 10 €
– 1 menor que asista só (de máis de 14 anos con autorización): 10 €
– 2 persoas adultas (e ata 2 menores acompañantes gratis): 15 €
Submit a Comment